Muralismo Vivo!

Continuamos o proceso creativo “Ao Son do Rural” nas fachadas do instituto baixo o fío conductor da auga, a flor de liño e a espadela para cortalo.

A gran repercusión en Galicia e fóra dela do gran artista Joseba Muruzábal segue a darnos moitas alegrías: baixo o proxecto “Muralismo Vivo” comezouse a desenvolver da man da súa coordinación, agora a finais de curso, unha serie de murais coa temática “Ao don do Rural” no resto de fachadas do centro.

Este proxecto artístico presentouse na semana cultural, xunto con tres muralistas galegos/as (Doa, Miguel Peralta e Olmo), onde achegaron as súas propostas ao alumnado co que decidiron, conxuntamente, as que se están levando á práctica… Non deixamos de medrar!

Realización de catro murais novos no instituto: ao fondo a realización da flor do liño e á dereita a casiña da ludoteca coa temática do camiño da auga, desde os nacentes ata a desembocadura na Costa da Morte.
Elaboracion do mural do liño da man da Doa.
Avance dos murais na casiña de ludoteca sobre a temática do camiño da auga baixo a interpretación de Miguel Peralta.
Realización do mural sobre o liño: a espadela para cortalo…máis forte que calquera espada! di Olmo, a quen vemos en plena faena.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s