
VISITA O BLOGUE OFICIAL AO SON DA SAÚDE
ACTIVIDADES QUE RELACIONAN AO SON DO RURAL CO OUTRO PROXECTO DO CENTRO: AO SON DA SAÚDE
Recopilación léxico xoguetes e xogos tradicionais en 1º e 2º ESO e práctica dos xogos na clase.
Clube de Parkour rural no Instituto: creación dun clube rompendo o estereotipo de actividade exclusiva da cultura urbana, realizando as técnicas de Parkour no entorno rural.
Exposición dos Entroidos rurais galegos: o alumnado de 3º de ESO realiza unha exposición de Entroidos tradicionais en relación co baile e a actividade física.
Recreos de Foliada: aprendizaxe de puntos de muiñeira e jota e creación de bailes improvisados ao estilo dunha foliada con música tradicional galega durante os recreos.
Unidade didáctica de baile tradicional galego: práctica en Educación Física de baile galego nos cursos de 1º e 3º de ESO rompendo cos estereotipos sexistas que aínda perduran no baile, co fin de realizar unha actividade para a igualdade e o recoñecemento do baile tradicional como ben de interese cultural.
Baile de muiñeira colectivo coas diferentes agrupacións da zona de adultos e de nenas e nenos coa música tocada por alumando do Instituto.
Elaboración de rutas de sendeirismo por parte de 1º de Bacharelato nos concellos aos que pertencen: creación de carteles de cada ruta incluíndo información sobre o patrimonio cultural que se atopa no percorrido e selección por parte do alumnado dunha das rutas para realizala.

Horta ecolóxica: plantación dunha horta ecolóxica no Instituto coa colaboración de todo o alumnado, relacionando a alimentación saudable coa tradición agrícola, coa colaboración de persoas do Concello que se adican profesionalmente á agricultura ecolóxica.
Excursión polo Camiño de Santiago entre o Cebreiro e Samos organizada polo Proxecto Terra para o alumnado de 3º e 4º de ESO: con antelación e durante a excursión traballáronse temas relacionados co patrimonio cultural e etnográfico (arquitectura popular, oficios labregos e gandeiros, etc).
RUTAS DE SENDEIRISMO: