Ao son do teatro

TEATRO NO RURAL

O grupo de teatro “Teatrófilas” está formado por alumnado do IES Maximino Romero de Lema, de Baio (Zas). As alumnas e alumnos que o forman son:

– Teresa Cousillas Lema

– Noa Lema Rial

– Sarai Rial Suárez

– Noa Romero Rama

– Mélodi Lema Martínez

– Alicia Rama Castro

– Míriam Romero Pardiñas

– Lucas Rama Camino

– Raúl Vázquez Roel

– Jorge Rial Fondo

– Manuel Rodríguez Rojo

A obra que preparan para representar é “Taberna sen dono” de Varela Buxán.

O Autor:

Manuel Daniel Varela Buxán: Este autor galego naceu na Estrada en 1909 e finou en 1986. Emigrou a Arxentina onde fundou a compañía teatral “Aires da terra”. Casou coa actriz galega Maruxa Villanueva. Castelao, que asistiu á representación dunha das súas obras, encargoulle a estrea de “Os vellos non deben de namorarse”. Esta obra alternarase coa súa de grande éxito, “Taberna sen dono”. En 1950 regresou a Galiza onde permanecería ata a súa morte.

Obras:

O teatro de Varela Buxán era un teatro ruralista, ao gusto do emigrante galego daquela época, pero que tamén recollía os problemas de Galiza. Entre as obras máis destacadas están: “Taberna sen dono”, “O ferreiro de Santán”, “Se o sei non volvo a casa”, “Triste chegada” ou “O cego de Fornelos”.

Argumento:

“Taberna sen dono”: Manuel é o dono da taberna da aldea. Home de bo corazón, fía a todo o mundo ata o extremo de que, angustiado polas débedas, pensa en mandar á súa única filla polos camiños da emigración. Un día entran uns vaqueiros na taberna e para non pagar arman un balbordo no que morre unha irmá de Manuel. Unidos todos os veciños, xuntan cartos para axudar a erguer a taberna e ao remate todo se soluciona.

NOS MEDIOS:

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s