
Visages, villages (Caras e lugares), foi o filme escollido polo Departamento de Francés para unha nova visita ao cinema compostelán Númax o pasado venres, 15 de novembro, xunto cos Dptos de Música, Historia e Educación Física.
Caras e lugares constitúe un mosaico xeográfico e humano moi singular, que aconsellamos a todas aquelas persoas sabedoras de que o universal non é máis que o local sen paredes
Reseñas do alumnado:
“A parte máis emotiva é cando plasman na parede a figura duns mineiros, os mesmos que vivían antes nese barrio. É emotivo porque nunha desas casas vive unha muller, filla dun deses mineiros, que asegura que nunca marchará de alí polos recordos que garda na casa.” (Alex, 1º de BAC)
“Aínda que non teña unha intriga clara nin escenas de acción, o filme ten detrás unha boa producción e un ideal co que é fácil identificarse. Ademais, os lugares que mostra son fantásticos.” (Jorge, 1º de BAC)
“Gigantes fotografías en blanco y negro expuestas en lugares de fuertes implicaciones emocionales” (Anair, 1º de BAC)
“Proposta moi orixinal polo seu formato… Interesante o concepto da fotografía, así como o contraste entre os seus protagonistas e as súas formas de ver e mirar.” (Lucía, 1º de BAC)
“Moi boa maneira de mostrar o proceso mediante o cal as imaxes se pegan nas paredes, dalle moita autenticidade.”
V FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE RURAL DE GALICIA “CARLOS VELO”
O 20/21 de xuño de 2019 co vídeo realizado polo alumnado de 2º de Bach de “Imaxe de Son” (Anexo de Manolo: AO SON DO RURAL (VIDEOCLIP ZAS-ZAZ): O alumnado de Imaxe e Son creou un videoclip para mostrar, dun xeito moi creativo, as súas opinións sobre o proxecto “AO SON DO RURAL”. Ecoloxía, compromiso, activismo, lingua… orgullo de alumnado!!!
NOS MEDIOS:
