Encargo do Instituto Lingua Galega (ILG)pola participación no Proxecta “Lingua, patrimonio e coñecemento tradicional”
Cuadernillo de recollida do léxico
O SON DA LINGUA
Ideas para unha reconciliación entre lingua e patrimonio… lingua para lembrar e identificar…. Lingua para crear…
Fontes, pazos, faros… son símbolos de tempos antigos e do seu legado cultural, porén non só herdamos patrimonio material xa que, por exemplo, a lingua tamén forma parte deste ben. E unha herdanza hai que coidala!
Os nenos e nenas de 2º ESO foron quen de respirar a beleza deste ben cultural común e inmortalizalo nas súas creacións literarias e artísticas a través de:
- Haikus. Creacións poéticas ligadas aos elementos arquitectónicos e paisaxísticos que parte dunha idea adaptada dos haikus-pop de Jack Kerouac.
- Reflexións narrativas ao redor de distintos elementos do patrimonio cultural e natural: carballeira, castros, castelo, fontes…
- Material audiovisual. Imaxe e vídeo sobre o elemento do patrimonio escollido polo alumnos e alumnas.
O material recollido preséntase mediante unha presentación musicada en formato de vídeo.
Só se os rapaces e rapazas coñecen o seu patrimonio poderán defendelo dos ataques. Se non son quen de emocionarse ante a pegada dos ancestros, se non son quen de eloxiar e difundir a súa beleza, a súa historia, entón perderán a súa esencial como pobo. Por iso, nada máis fermoso que percorrer o noso patrimonio imaxinando versos e canta creatividade sexa posible.
Traballo realizado por HORTENSIA ROMÁN GONZÁLEZ
Ao son da fotografia
Ao son da fotografía é un proxecto levado a cabo por un grupo de alumnas de 2ºBACH de Imaxe e Son, o cal consistía na recollida de fotografías anteriores aos anos 70.
O obxectivo deste proxecto é crear un arquivo fotográfico que recolla o noso pasado cultural, principalmente enfocado no rural, o modo de vida e as costumes, mediante a edición e dixitalización das fotografías.
Dende o centro consideramos que a fotografía é un gran medio de difusión de coñecemento en todos os ámbitos. Aquí tendes a presentación que elaborou o alumnado
AO SON DA REGUEIFA
AO SON DOS LIBROS: