O vindeiro sábado, día 2 de febreiro, presentaremos no noso Centro Educativo o proxecto educativo “Ao Son do Rural”, un espazo de encontro para partillar coñecemento, ao son do rural, a través do alicerce da comunicación interxeracional.
Como fío conductor deste proxecto realizaranse unha serie de faladoiros ao longo do curso, con encontros con artistas relevantes da zona e da cultura galega.
Para este primeiro faladoiro contaremos coa escritora Natalia Lema (Baiñas) e os polifacéticos escritores Xurxo Souto (Monte Alto) e Manolo Rivas (A Marola).
O nexo en común destes artistas é a súa paixón polo rural. A idea de conxugar a enerxía destas tres persoas é tentar facer chegar ao noso alumnado a enerxía que desprenden pola vida, polas súas profesións e o respecto polas súas orixes.
O Proxecto “Ao son do rural” nace da inquedanza dun grupo de docentes que traballan na Comisión de Cultura e o alumnado de Xestión Cultural, Imaxe e Son e Igualdade. Ten como obxectivo a creación dun proceso innovador de participación da Comunidade Escolar no coñecemento. Unha acción comunitaria para xerar aprendizaxe colectivo como prática de transformación social. Un desexo de revindicar a nosa identidade: o lugar onde vivimos e nos criamos, a súa riqueza natural e arquitectónica, a súa lingua entre outras moitas cousas. O obxectivo é partillar a nosa paixón polo espazo que habitamos e compartir co mundo o noso patrimonio material e inmaterial.
“Ao Son do Rural” non é simplemente unha sucesión de actividades senón un proxecto interdisciplinar, planificado e que busca perdurar no tempo construíndo unha ruta didáctica ao redor dos muiños de Su Agra, os Pasos e as Quintas. Para isto contamos coa inestimábel colaboración da ANPA, Asociacións veciñais e culturais da contorna e Concello.
Acompáñanos nesta inesquecíbel ruta “Ao Son do Rural”, o convite está aberto!!!
A xornada estará inzada de actividades abertas a todo o público e os horarios son os seguintes:
10:00h “Ao son do Río Grande”. Andaina (se o tempo o permite) para realizar unha peza audiovisual e visibilizar os Muiños de Su Agra, Os Pasos e As Quintas.
11:00h “Ao son da Danza”. O grupo de música tradicional do Centro Vintenbaio, a Asociación Adro de Baio, a Asociación Churía de Zas, Escola municipal de música e Trubisquiña de Vimianzo porán a tremer a terra cos seus puntos de muiñeira na Carballeira do Instituto.
12:00h “Rolda de prensa”. O alumnado explicará polo miúdo as múltiples actividades que se realizarán ao longo do curso.
12:30h “Ao son da literatura”. Faladoiro con Natalia Lema, Xurxo Souto e Manolo Rivas no Salón de Actos do Centro.
14:00h Xantar. Organizado polo alumnado e as familias de 4º da ESO para recadar fondos para a excursión (Bono Axuda de 5€).

O vindeiro luns, 18 de marzo,continuamosno noso Centro Educativo co proxecto educativo“Ao Son do Rural”, unespazo de encontropara partillar coñecemento a través do alicerce da comunicación interxeracional.
Neste segundo faladoirocontaremos coa escritoraMatilde Vilariño(Borneiro) e os escritoresRafael Lobelle(Chantada) eLola Schutz(Murcia).O nexo en común destes escritores é a súa paixón polo rural. Este faladoiro terá lugar na sala de Usos Múltiples de
16.30-18h., e está aberto a toda a comunidade educativa e pública en xeral.
Estes tres autores van presentarnos as súas últimas creacións:
-Matilde Vilarino, avoa dun alumno do centro, vén de publicar Poemas que non foron ao lume.
-Rafael Lobelle,profesor de ensino secundario que nos falará do seu poemarioFísica elementaleda súa novelaEvanxeos Apócrifos.
-Lola Schutz, profesora do noso centro que nos fará un percorrido pola súa novela,Austroatlántica,gañadora do último premio Torrente Ballester.
O Proxecto “Ao son do rural” nace da inquedanza dun grupo de docentes quetraballan na Comisión de Cultura e o alumnado de Xestión Cultural, Imaxe e Son e Igualdade. Ten como obxectivo a creación dun proceso innovador de participación da Comunidade Escolar no coñecemento. Unha acción comunitaria para xerar aprendizaxe colectivocomo prática de transformación social. Un desexo de revindicar a nosa identidade: o lugar onde vivimos e nos criamos, a súa riqueza natural e arquitectónica, a súa lingua entre outras moitas cousas. O obxectivo é partillar a nosa paixón polo espazo que habitamos e compartir co mundo o noso patrimonio material e inmaterial.
ELAS, AS INMIGRANTES VOLVEN AO IES DE BAIO PRESENTACIÓN DOLIBRO A CARGO DA SÚA AUTORA E DE DÚAS DAS PROTAGONISTAS
Carmen V. Valiña, licenciada en Xornalismo e Humanidades, doutora en Historia Contemporánea e profesora na Universidade europea Miguel de Cervantes, baiesa e antiga alumna do noso centro regresou a esta, á súa outra casa, este venres, 3 de maio.
A creadora de escola de feminismos on line, Periféricas, veu presentarnos o seu novo libro, Elas, as inmigrantes, unha homenaxe ás mulleres da comarca de Soneira onde afonda sobre as características de xénero da inmigración galega cara á Suíza. Ademais, veu acompañada de dúas das protagonistas destas nove testemuñas que conforman o libro, Fina Blanca e Pilar García, e por Esperanza Carril, avoa dunha das nosas alumnas e migrante.
Nesta charla-coloquio dirixida ao alumnado de 1º de Bacharelato e doutros cursos que colaboraron nunha enquisa organizada polo Dpto de Francés para facer un mapa da emigración local, puidemos escoitar as testemuñas de primeira man destas tres mulleres que pasaron un bo anaco das súas vidas no estranxeiro, uns anos que as regresadas lembran con moita ledicia e aos que se refiren mesmo como “os mellores da súa vida”, nunha sociedade se cadra “menos alegre” que a galega, pero onde tiñan acceso a mellores soldos e condicións laborais. Unha sociedade que en calquera caso, “acolleunas cos brazos abertos”.
Como no seu anterior traballo El mundo árabo-islámico como ellas nos lo contaron, Carmen Valiña pon o foco nas mulleres, porque, en palabras da autora, “o fluxo migratorio que marcou a nosa historia recente non pode seguir sendo estudado de parámetros que deixan fóra as experiencias femininas.”
NOS MEDIOS:


