Peche Ao Son do Rural

O venres día 28 de xuño, ás 13:00h na Biblioteca do IES Maximino Romero de Lema, realizarase a presentación dos traballos feitos ao longo do curso polo alumnado dentro do proxecto “Ao Son do Rural”.

Unha xornada aberta a todas a comunidade educativa na que se inaugurará unha exposición fotográfica das fotos antigas recollidas polo alumnado. Ao mesmo tempo abrirase ao público o acceso a todos os contidos realizados mediante o Blogue de Ao Son o Rural e a páxina web do Centro.

Exposición fotográfica “Ao Son da Fotografía” realizada polo alumnado a partir da dixitalización e tratamento de fotografías recollidas a partir dos anos 70 e agrupadas por temáticas: escola, traballo, emigración, festas, celebracións relixiosas,…

Agasallo artesanal en coiro para as persoas recoñecidas “Ao Son do Rural” como recordo da súa contribución ao proxecto.

O froito de seis meses de intenso traballo colaborativo “Ao Son do Rural” no que participaron profesorado, alumnado, familias e veciñanza e que comenzaron no mes de xaneiro co primeiro faladoiro de “Ao Son do Rural” con Natalia Lema, Manolo Rivas e Xurxo Souto. Dende ese día, O’Rivas bautizou o centro como un “almeiro para a esperanza” pola forma de traballar de toda a Comunidade Educativa. Ese almeiro de creación colectiva terá pois o vindeiro venres, a maiores, a entrega dos recoñecementos nas diferentes áreas nas que se traballou ao longo do proxecto:

Ao son da literatura: Natalia Lema.

A nosa herdanza: Matilde Vilariño Pose

Ao son do patrimonio material: Joseba Muruzábal

Ao son do patrimonio inmaterial: Lupe Blanco

Ao son da natureza: Asociación Tabeirón

Ao son da música: Xabier Díaz

Xantar na cafetería do instituto.

Ao rematar a actividade terá lugar un xantar de confraternidade aberto a toda a comunidade educativa. Contaremos coa animación musical do grupo de música tradicional do Centro Vintenbaio e algunha outra sorpresa. Agradecemos a todo o colectivo de profesorado, alumnado, familias, ANPA e asociacións que participaron e acreditaron na construción do proxecto colaborativo “Ao Son do Rural” e seguimos traballando intensamente para acompañar ao noso alumnado na construción dunha comunidad de aprendizaxe real..!

Os medios de comunicación recolleron o peche do proxecto así…

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s